TEMA 8: As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas internacionais.

Bo día, compañeiros e compañeiras. 
Nesta entrada vou falar dalgunhas presentacións que se fixeron en clase e que me chamaron especialmente a atención por diversos motivos. 
En primeiro lugar, gustaríame destacar a presentación de Alba López, que falou do estudo das linguas estranxeiras en Irlanda. Sorprendeume que a estrutura seguida na súa presentación fose similar á da miña, o cal me animou a pensar que algo estaba a facer eu ben se unha compañeira tan capaz coma ela tiña un pensamento tan parecido. Aparte disto, o contido foi claro, conciso e moi explicativo.
I'm a Little Leprechaun Song for Kids | St Patrick's Day ...
Moi interesante foi saber que os irlandeses non senten a necesidade de aprender outros idiomas, xa que o inglés o domina todo no seu país, incluso relegando a un segundo plano o seu idioma rexional, o irlandés. Ata certo punto esta actitude é loxica, xa que no caso de que o español fora a lingua franca mundial de facto, cantos de nos aprenderiamos outros idiomas? Atrévome a pronosticar que poucos. Outros aspectos a destacar do que Alba nos ensinou foron a media de alumnos por clase, o enfoque do aprendizaxe hacia o aspecto práctico, e ás materias de matemáticas e inglés e a promoción das TIC. Tamén que se escolla como lingua vehicular o inglés nun porcentaxe dun 95% é suliñable. Ademais as linguas estranxeiras non son obrigatorias polo que un porcentaxe moi baixo de irlandeses fala unha segunda lingua e os resultados de Irlanda nos informes PISA son excelentes, polo que, para qué haberían de cambiar? O dito, unha presentación moi ilustrativa. 

Outra das presentacións que se me quedou na memoria foi a de Emma Alonso e o estado da lingua inglesa na Unión Europea tralo “Brexit”, na que nos espuxo unha visión resumida do que podería supoñer este acto político no referente ao tema lingüístico.
Brexit: Austrittsterminverschiebung und/oder zweites ...
Comezou por explicar qué era unha lingua franca (antes o francés e actualmente o inglés) e púxonos en antecedentes sobre o, a priori, probable declive da lingua inglesa coa saida do Reino Unido da UE. Desplegou varios escenarios lingüísticos con varias hipóteses sobre a lingua que podería sustituir o rol da lingua inglesa na UE, estando o español moi ben posicionado en canto a número de falantes pero cun peso internacional bastante débil. Unha pena. O francés e o alemán serían outros candidatos pero non teñen gran número de falantes. O esperanto podería ser outra opción, pero se non conseguiu a estas alturas unha forte implantación, é pouco probable que a consiga no escenario actual. 
E entón aparece unha nova lingua da que non tiña coñecemento: ese híbrido chamado Globish, que é unha mestura de inglés e distintas linguas para o ámbito dos negocios. Máis simple, máis básica e más rápida de aprender. Como concepto non está mal, pero non deixa de ser unha lingua artificial creada para sair dun apuro. 
Sen embargo, tras todo o previsible apocalipse anunciado, o feito é que o inglés segue sendo a lingua franca da UE xa que é demasiado tarde para cambiar. The more things change...the more they stay the same. 

Agora ben, a presentación que me deixou totalmente sorprendido foi a de Raquel Martínez e o “Método do silencio”, un concepto tan rompedor que me deixou pensando bastante rato sobre cómo sería a súa aplicación no ámbito práctico.
Método silencioso
Raquel conseguiu explicarnos este método, a priori complicado, dunha forma bastante clara (o cal ten o seu mérito). Nesta proposta, básicamente se deixa todo o peso do aprendizaxe no alumno (o cal non é necesariamente malo) e o rol do docente quédase case como mero espectador de cómo o alumno resolve as dificultades (inda que actúa como apoio). É un método bastante optimista ao meu parecer, xa que presupón que o alumno vai ter a madurez suficiente para realizar unhas autoevaluacións críticas e estar centrado no proceso de aprendizaxe sen distraerse. 
En canto ao sistema de aprendizaxe, con cadros de pronunciación e táboas de son-cor, pareceume tan revolucionario que a verdade é que non sei que pensar. Por un lado é transgresor e totalmente innovador, pero iso non significa que sexa realmente útil, polo que a súa traslación ás aulas debe ser como mínimo complicada. Sen dúbida, unha presentación que non deixa indiferente a ninguén. 

Non me gustaría rematar sen falar da presentación de Lidia Martínez sobre a ensinanza de linguas estranxeiras nos Países Baixos, que tamén foi moi reveladora, non senso de que teñen en funcionamento un método de gran éxito que sorprendentemente non parece ser tomado como referencia nos países que pretenden mellorar o seu déficit de coñecemento de linguas estranxeiras. 
Os datos que nos aportou Lidia son demoledores: un sistema educativo no que se teñen moi en conta as opinións dos docentes, e no que os estamentos gubernamentais están concienciados coa consecución duns obxectivos concretos a través dun método no que se analiza o que funciona e o que non, conseguindo que un elevadísimo porcentaxe da poboación sexa bilingüe ou trilingüe, superando a media da UE por bastante.  
Los Molinoes De Viento Holandeses Famosos Imagen de ...
Como contra, que sempre a hai, o feito de que na etapa universitaria a lingua vehicular escollida sexa o inglés, fai perigar o uso da lingua propia, o cal é bastante irónico e anima a reflexionar sobre a conveniencia de usar unha lingua ou outra e os efectos secundarios derivados da decisión que se tome. 
En resumo, unha exposición moi interesante que me fixo pensar sobre todo na frase “morrer de éxito”, que é o que parece que se da nos Países Baixos: tan eficaz é a súa competencia en linguas estranxeiras, que a súa propia pode encontrarse nunha posición delicada. 

Como colofón, é de recibo dicir que todas as presentacións tiveron cousas dignas de mención, pero a falta de espazo fai inviable nomealas a todas. Tan só dicir que foi un pracer aprender cousas novas dos traballos dos meus compañeiros e compañeiras. 

Saudiños.

Comentarios

  1. Ola, Jesús!
    En primeiro lugar gustaríame felicitarte pola túa entrada, e tamén ás nosas compañeiras por facer unhas presentacións tan interesantes. A verdade é que todas me deixaron pensando bastante sobre o tema que presentaron, e comparto contigo o especial interés no método silencioso. Eu tamén me quedei un bo anaco pensando en como serían esas clases, como respondería o alumnado, como sería a preparación dos docentes... Coido que é un método totalmente revolucionario e rompedor, mais eu, persoalmente, non sería moi partidaria de utilizalo. Quizais por como son eu, gustaríame manter unha relación un pouquiño máis cercana cos meus alumnos e alumnas, pero como se soe dicir "cada maestrillo ten o seu librillo" (ademáis de que creo que se dixo que este método estaba en desuso na actualidade). Ademáis de imaxinarme esta situación na aula, tamén estiven pensando moito na situación lingüística nos Países Baixos. Como sería España se todas as linguas que se falan no país fosen oficiais ou se falasen en todo o territorio nacional? Paréceme un tema moi interesante sobre o que reflexionar. Sobre todo estiven pensando no afortunados que son os nenos e nenas nados alí, con toda esa riqueza lingüística e cultural. Mais supoño que, como vimos na presentación, todo ten a súas vantaxes e os seus inconvenientes.
    De novo noraboa pola entrada e pola túa presentación.
    Aperta,
    Antía

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares