Tema 6: programacións didácticas (dosier)

Nas últimas sesións de clase antes das vacacións fixemos varias actividades. Unha das máis interesantes foi buscar e analizar unha programación didáctica dun centro educativo á nosa elección e analizala coa rúbrica que se utiliza nas oposicións para valorar as programacións didácticas dos candidatos. 
Esta foi unha actividade moi interesante, xa que nos permitiu facer o papel de evaluadores como se foramos o tribunal deste tipo de procedementos selectivos. A búsqueda en sí non foi sinxela, xa que os formatos das programacións variaban enormemente dependendo de cada centro. Ademais, os términos algunhas veces non eran exactamente os mesmos, os elementos a valorar non sempre teñan os mesmos nomes que na rúbrica, etc.
O curioso disto foi o resultado destas evaluacións. Como xa se mencionou, as programacións buscadas eran oficiais e vixentes de centros educativos de toda España, e como todos pensaredes, o resultado debería ser normalmente bo, é dicir, estas programacións deberían cumprir en gran medida os requisitos que se piden na rúbrica. 
Pois ben, o resultado foi sorprendente, xa que a maioría das programacións analizadas na clase non conseguían alcanzar os mínimos educativos propostos, é dicir, se foran presentadas por opositores, o resultado sería negativo. Este feito nos fixo reflexionar en cómo a teoría e a realidade chocan no mundo educativo, xa que parece impensable que as programacións oficiais non cumpran cos mínimos esixidos. Esta actividade foi moi esclarecedora nese sentido, e moi útil para nós, xa que nos obrigou a buscar e analizar todos os puntos da rúbrica en programacións alleas e nos fixo desenvolver un espírito crítico co traballo doutros docentes.
Aquí vos deixo un enlace como orientación para facer programacións didácticas.

En canto ás dificultades aparecidas, foron as típicas neste tipo de exercicios: elixir un centro de entre todos os que se reparten pola xeografía española, buscar unha programación máis ou menos clara ou que se adaptara á rúbrica que tiñamos como referencia... o habitual neste tipo de exercicios.
O que sí resultou moi enriquecedor foi debatir entre nós se o que estaba na programación se axustaba ao que a rúbrica pedía ou non. Desde logo sí que creo que poñer aos alumnos no papel do profesor dalles a oportunidade de ser máis conscientes do traballo que se fai no "outro lado”. 

Tamén tivemos que crear unha unidade didáctica, cousa que nos daba pavor polos precedentes vividos noutras materias. Sen embargo, esta vez foi todo mais sinxelo xa que se nos proporcionou unha folla tipo simplificada na que engadir os diferentes elementos que se nos pedían. Neste caso, a actividade supuxo unha consolidación dos coñecementos que xa tiñamos, o cal nos veu ben para repasar o aprendido ao principio de curso. Gustoume o feito de que se puidera facer unha unidade didáctica de forma sinxela e máis directa, sen toda a minuciosidade das unidades didácticas vistas noutras asignaturas. 
Polo tanto e para concluir, eu diría que ambas actividades foron bastante útiles, tanto no tocante a reforzar o xa aprendido coma na simulación de ser tribunal de oposicións. Foi bastante instructivo e seguramente o usarei nas miñas clases como docente, adaptado por suposto ao nivel dos meus alumnos.

Comentarios

Entradas populares