Tema 6: programacións didácticas (Diario)
Boa tarde, querido lector ou lectora.
Nesta entrada vou falar do aprendido nunha das últimas sesións de clase sobre as programacións didácticas e as oposicións para ser docente e o seu funcionamente na comunidade autónoma de Galicia.
A información dada polo profesor nestas sesións coido que é moi valiosa, sobre todo para nós como futuros docentes que antes de exercer a nosa profesión, imos ter que enfrentarnos a esta proba que nos avalía para comprobar que temos a aptitude necesaria para desenvolver as tarefas que nos agardan no futuro.
De entre toda a información recibida, gustaríame destacar certos puntos que considero son bastante importantes: un de estes puntos refírese a que o proceso teña que se por concurso-oposición, é dicir, que ademáis da nota que saques no examen (a oposición) tamén conten os puntos que teñas acumulados por traballo realizado no ámbito educativo (concurso).
Aquí tedes a convocatoria do ano 2019 para ver cómo é o procedemento.
Nesta tesitura, un pode pensar... non é inxusto este método de selección para futuros docentes? Ben, pode haber dúas formas de velo: por un lado, isto obriga a os profesores sen puntos a ser os mellores da súa promoción, o cal non é negativo se vexa por donde se vexa. Canto máis se esixa un profesor a un mesmo, mellor serán os seus resultados. Por outro lado, o sistema de concurso-oposición pode crear desánimo nos novos candidatos, porque claro, para qué vou estudiar coma un tolo se unha persoa con menos nota pode adiantarme grazas ao tempo traballado? Este é un pensamento lóxico e razoable, pero facendo un pouco de avogado do diaño, nun mundo ideal, o feito de que os profesores con experiencia teñan máis facilidades á hora de acadar unha praza debería ser algo positivo, xa que poden engadir esas vivencias profesionais adquiridas á súa forma de dar clase. Ollo, isto tampouco é necesariamente bo, xa que se poden coller malos hábitos docentes que se perpetúen co tempo.
Como xa dixen, se pode ver de varias formas e realmente ningunha será a correcta.
Tamén puidemos coñecer o sistema de puntaxe dos diferentes cursos e estudos feitos antes da oposición, e cómo se desenvolverían as diferentes probas que teremos que pasar no futuro, cómo se compoñen os tribunais, cómo se defende unha programación didáctica, etc. Foi todo bastante instructivo e esclarecedor.
Tamén se nos propuxo facer una unidade didáctica (o primeiro pensamento ao escoitar estas dúas palabras foi de terror, debido á experiencia previa con este tema) utilizando un formulario tipo lonxe da complexidade que se nos mostrou noutras asignaturas.
Esta unidade didáctica debía formar parte da programación dunha escola de idiomas ou dun centro de formación profesional.
A verdade é que foi unha actividade bastante máis lixeira que en outras ocasións, e serviunos para, dunha forma rápida, dar forma a unha unidade didáctica de xeito bastante práctico. Isto non quita que, no ámbito laboral, este procedemento sexa bastante máis profundo, pero como actividade foi bastante útil.
Finalmente, dicir que debería haber máis clases onde se expliquen todos os procesos que teremos que pasar para ser futuros docentes, e que este tipo de actividades prácticas como a realización da unidade didáctica, deberían ser máis numerosas, xa que te poñen no papel que no futuro se vai exercer.
Comentarios
Publicar un comentario