TEMA 5: DESEÑO CURRICULAR (DOSIER)

Na actividade que tivemos que facer na clase, (a da búsqueda da información sobre as linguas estranxeiras na LOMCE), o docente nos organizou en varios grupos, cada grupo tendo que facer unha parte do traballo. Entre todos tivemos que conformar e completar o puzzle formado polas distintas pezas do traballo para acadar finalmente a idea global do mesmo, co reforzo das presentacións da información recollida. 

Co traballo en grupos se fomenta a cooperatividade e que cada un dos compoñentes aporte o seu gran de area na parte que lle toca. Esta é unha das múltiples metodoloxías que se poden aplicar na ensinanza.
O aprendido con esta actividade é cómo se xestionan os grupos e cómo se fai unha actividade grupal e ademais, tamén adquirín coñecemento sobre a miña parte da tarefa asignada, é dicir, sobre o papel da segunda lingua estranxeira na lexislación estatal e autonómica.
As dificultades son varias para lograr a realización da actividade, como por exemplo, a máis habitual: buscar a información solicitada na rede entre todo ese mar de fontes de coñecemento. Ademais, o feito de que a propia LOMCE non concrete todos os aspectos das preguntas realizadas polo docente, fixo que o traballo de investigación fora máis intenso. 
Outra das dificultades a priori foi coordinar a todos os membros do grupo para facer a tarefa. Isto non resultou demasiado complicado, xa que ao coñecernos deste tempo, todos tiñamos mais o menos claro o que debiamos facer. Sen embargo, a veces podiamos tropezar nalgunhas cuestións estilísticas da presentación cando por despiste dúas persoas faciamos a mesma labor ao mesmo tempo. 
Tamén o feito de ter que presentar a información recabada supón un pequeno obstáculo. Inda que xa estamos curtidos neste aspecto, o feito de expoñer un traballo sempre require certa preparación para non trabucarse nas palabras e expresar claramente as ideas que se pretenden transmitir. Aquí podemos ver algúns tips para facer boas presentacións.
Os logros conseguidos na realización da tarefa foron varios: conseguiuse unha estupenda coordinación entre os membros do grupo e unha labor cooperativa que avanzou o traballo e a consecución do obxectivo. Todos os membros do grupo puxeron o seu grao de area para conseguir que a tarefa plantexada terminara en éxito.

A miña opinión xeral sobre a tarefa é positiva. Como metodoloxía creo que é adecuada para conseguir os obxectivos de aprendizaxe plantexados, e dalgunha forma, se consegue que todos e cada un dos participantes aprenda e se preocupe por transmitir a idea aprendida de forma correcta ao ter que expoñer. Por iso, a feito de “obrigar” ao alumno a presentar a idea é ideal para que non se no pasotismo na tarefa e cada un se preocupe de interiorizar correctamente a información aprendida.

Comentarios

  1. Boas!

    Hoxe en día, co uso das TIC, as tarefas en grupo poden obter grandes resultados dun xeito máis fácil. Nestas sesións empregamos o Drive para os traballos en grupo, xa que era moito máis práctico á hora de organizar a información para o traballo e podíamos revisar o que redactaba cada membro do grupo, puidendo modifícalo se fora preciso. Estou de acordo contigo na parte de que os traballos en grupo teñen moitas ventaxas á hora de procesar e seleccionar a información, repartir o traballo equitativamente, así como ter en conta as diferentes aportacións dos outros membros do grupo.
    Ademais, o feito de que o docente nos mandase evaluar as presentacións do resto de grupos, fixonos prestar más atención non só á información, senón a máis aspectos que facían ás presentacións únicas. Con todo, aprendimos diferentes puntos de vista, así como saber aceptar e valorar as opinión e críticas dos demais. Moi a ter en conta nas nosas futras sesións como profesores !

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo día, Emma.

      Os traballos en grupo sí que son, na miña opinión moi valiosos para a aprendizaxe e como dis, o aprendido na aula é moi a ter en conta para o desenvolvemento da nosa futura profesión.

      Saudiños e grazas por comentar!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares