TEMA 5: DESEÑO CURRICULAR (DIARIO)

Na clase do día 21 de novembro, falouse do currículo, que é un elemento fundamental hoxe en día para a educación e a súa metodoloxía. 
Falouse do seu significado, os elementos e as competencias básicas que recolle, se mencionaron os graos de concreción curricular e se definiu o que é unha competencia clave, ademáis de pór sobre a mesa varios elementos relacionados co xeito de impartir docencia: por exemplo, é fundamental que os alumnos saiban desde o principio da clase o que se espera deles e os obxectivos que deben lograr, para que non estean desorientados e perdan tempo sen conseguir o resultado agardado. 

Tamén se falou das normas lexislativas e da súa xerarquía, sendo a lei orgánica a norma suprema, seguida en orde descendente polo resto de leis.


Se fixeron varios exercicios, nos que como alumnos tivemos que describir a metodoloxía aplicada, o enfoque pedagóxico que engloba o exercicio, os obxectivos, as competencias desenvolvidas, os contidos tratados e os criterios de avaliación. Finalmente, utilizouse a aplicación Kahoot! como ferramenta de reforzo, facéndonos ver cómo pode ser un elemento válido e dinámico para manter a atención do alumnado, inda que hai que ter coidado coa posibilidade de que se altere demasiado no fervor competitivo ao que induce a ferramenta. Ademais, esta aplicación permítenos saber en qué preguntas falla máis o alumnado, podendo reflexionar sobre se a pregunta estaba ben formulada, se hai algún problema de comprensión, etc. Realmente ten moitas máis posibilidades que se poden ver neste tutorial.

Logo tratouse o papel das linguas estranxeiras na LOMCE mediante un traballo de investigación en grupo, facendo cada un dos grupos unha parte do traballo para finalmente presentalo aos demais e así acadar entre todos unha visión xeral do papel das linguas estranxeiras na LOMCE

Como reflexión final, creo que o Kahoot! é unha ferramenta moi útil para involucrar aos alumnos na aprendizaxe. O formato de concurso-competición activa a súa atención e permite que o alumnado teña unha autoavaliación anónima, xa que teñen a opción non poñer os seus nomes reais, soamente o saberá o profesor. Isto fomentará que relaxen e que non teñan medo ao erro diante dos seus compañeiros. Ademais aporta un dinamismo que hoxe en día é necesario para manter a atención do alumnado. Tamén é importante suliñar que non é necesario rexistro algún para participar, co que se conseguen solventar os posibles problemas de privacidade que se poden dar con outras aplicacións deste estilo que esixen un rexistro. Tamén se aforra tempo ao non ter que facer ese proceso, e como xa dixemos antes, soamente hai que ter coidado co posible exceso de entusiasmo que se produza na realización do exercicio.
Definitivamente, considero que é unha ferramenta totalmente recomendable para os tempos actuais.

Comentarios

Entradas populares